Sunday, December 16, 2012

A CANDIDATURA INDEPENDENTE DE XORNALISTAS ...


A asemblea da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) deu esta fin de semana súa aprobación a unha providencia da Xunta Directiva para dar por proclamada a Candidatura Independente de Xornalistas (CIP), presidida por Luís Menéndez, xa que foi a única presentada ás eleccións para o período 2012-2016. Con tal motivo, e diante da falla de impugnacións, á devandita candidatura e consonte os Estatutos da APSC, quedaron anuladas as eleccións previstas para o día 21 deste mes.


Menéndez, que inicia así o seu terceiro mandato á fronte da APSC, preside unha candidatura parcialmente renovada de 12 xornalistas, da que forman parte X.Francisco Rodil (Vicepresidente), Rebeca Munín (Secretaria), Carme Prado (Tesoureira) e os vogais Xoán Salgado, Joel Gómez, Xulia Campo, Aúrea Sanchez, Rafael Cid, Jessica Pintor, Baldomero Cores e Xosé Luís Vila. Na nova directiva, que terá mandato ata o 2016, están representados medios composteláns como Televisión de Galicia, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Televisión Española, Santiago Siete e Radio Galega.


Entre os principais obxectivos do novo goberno dos xornalistas composteláns seguirán estando a intensificación das labores en defensa da profesión e dos postos de traballo para xornalistas, as actividades de formación, iniciativas para a despolitización dos medios, especialmente os públicos, a defensa do Código Deontolóxico, a intensificación dos xa firmes vencellos coas federacións española (FAPE), europea (EFJ) e internacional (IFJ) de xornalistas e, a nivel local, preparativos para o 70º aniversario da APSC, no 2015, e consecución dun Centro de Prensa no casco histórico de Santiago de Compostela.




Source:


http://periodistascompostela.org/index.php/2012/12/16/a-candidatura-independente-de-xornalistas-proclamada-vencedora-das-eleccions-da-asociacion-de-periodistas-de-santiago-de-compostela/






The News from http://always-jessica.blogspot.com